Celia Fernández Figueroa naceu na casa de Pumar, parroquia de Merlán, en Chantada, o 17 de Xullo de 1896, no seo dunha familia de labregos medianos por parte de pai e con antepasados artesáns pola rama materna: o seu avó executou pola comarca imaxinería e retábulos neoclásicos, coma o da ermida do Faro.
Esta muller, que estudou de nena en Madrid, no Colexo das Josefinas, amosou dende nova gran paixón pola lectura, devorando literatura, o que lle deu certa popularidade entre as compañeiras.
Posteriormente, comeza Maxisterio, abandonando ao pouco para matricularse en Dereito na Universidade de Compostela, sendo, posibelmente, a primeira muller en facelo nesta universidade, no curso 1923-24. Unha vez licenciada en 1932, Celia remata Maxisterio e pasa a exercelo, primeiro en Lugo, logo, nos anos corenta na Fonsagrada, e finalmente en Nogueira de Miño, Chantada, ata a súa morte en Xuño de 1962.
Xosé Lois García di que “no senso educativo cabe destacar a súa manifesta crítica aos sistemas pedagóxicos tradicionais que ela sempre rexeitou e modificou tanto nas funcións de alumna coma de educadora”.
Celia deixou escrita unha novela, inédita, de máis de mil folios, na que aborda a problemática da muller: La huérfana de Sevilla “La Quijotesca”.
Xosé Lois García comenta que “a autora plantexa e somete a crítica o asoballamento da muller e o conflicto familiar dende unha óptica social”.
Celia Fernández Figueroa, deixou escritas na súa novela lúcidas e reinvindicativas reflexións, coma as seguintes, correspondentes ao Prólogo:
¡Ilustrar el alma de la mujer!
para que ella, maestra, sabia y dulce, pueda llevar un poco de luz a esas cavernosidades del corazón del hombre; es porque mi pluma ha escrito estas humildes líneas
sobre el papel.
sobre el papel.
¡Jóvenes españolas: Leed, aprended, no dejéis que ellos os atropellen
vuestros derechos!
vuestros derechos!
Toda la responsabilidad de la historia,
recae suave, sobre el corazón de la mujer.
Sem comentários:
Enviar um comentário