LAR

Ou confinada na casa, nos seus quefaceres, ou monxa ou puta: esas foron durante séculos as opcións para as mulleres, con matices segundo a época e o lugar.
Os traballos domésticos foron, e son, minusvalorados por unha concepción capitalista e patriarcal de considerar o prestixio do traballo en función do seu valor pecuniario; mais o valor social do traballo das xeracións e xeracións de mulleres que coidaron fillas e fillos, crearon a roupa ca que vestirse, fixeron a comida coa que alimentarse ou limparon sen descanso é impagábel.
Tampouco nunca se tivo en conta a importancia do parto (importancia vital!), considerado algo pexorativo pola maldición bíblica, e a historiografía oficial escasamente reparou no sufrimento das innumerábeis mulleres que morreron parindo en condicións insalubres.
Pódese dicir que a muller galega non estivo tan oprimida coma noutras zonas de Europa pola emigración masculina que obrigou á sociedade a admitir ás mulleres como administradoras da casa labrega.
 * Acceder ás fotos aquí.