a nai do demo e Chantada

O demo andaba de viaxe por Galicia e levaba con el a súa nai. A señora cansou e pediulle ao fillo que a levara ás costas. Pero ela estaba moi gorda e pesáballe moito. Cando chegaron a onde está agora Chantada, o demo tirou a nai ao chan e díxolle:
—Aí quedas chantada!
Por iso lle puxeron ese nome a Chantada.


* Tomado de: www.galiciaencantada.com

3 comentários:

  1. Realmente esta lenda é umha cristianizaçom das lendas pré-románicas das mouras que tamém portavam rochas enormes na testa e logo por cansaço as pousavam. Nom tenho agora tempo de entrar num maior pormenor, mas as mouras (veja-se moiras em grego) som deusas-mai ligadas com a Terra e as catastrofes intenpestivas naturais, representadas com atributos femininos (relacionados com a dimensom histórica da mulher como fiandeira, etc.).

    Perto da minha casa hai um penedo ao que chamam "O penedo da moura" e a lenda regista-se na Alemanha, na Escócia ou na Irlanda por igual.

    ResponderEliminar
  2. Tamén hai a tese de que teñen relación coas deusas, documentadas en Irlanda, dadoras do territorio; a muller como a que concede a soberanía. Xa ampliaremos ao longo da exposición.

    ResponderEliminar
  3. SIMBOLOXÍA
    A transformación de moura en serpe simboliza a aparición da sexualidade feminina activa, salvaxe, que o home debe dominar, e que, unha vez efectuado o desencantamento, por medio dunha realización de tipo sexual, a moura convértese nunha muller sometida, e ata pasa ó matrimonio. A idea de que o home teme a sexualidade feminina, teme o seu poder de seducción, e tende a facer todo o posible para controlala, sometela, reprimila.
    Símbolo do destino (moiras).
    Prostituta sagrada.
    Brigit: vidente, guerreira, fecunda, nai terra, patrona dos poetas.
    Provisión de riquezas agrícolas.
    Apropiarse das riquezas aspirando a superar a repulsión (que produce a serpe).
    Aspirar ás riquezas nunha sociedade pobre (os tesouros).

    ResponderEliminar