Queremos agradecer a implicación das xentes de Chantada no que foi a primeira mostra da exposición MULLERES ENTRE SIL E MINHO no muíño da Alameda da localidade entre o 23 de abril e o 2 de maio de 2010.
Foron moitas as persoas que se achegaron a ver as fotografías e moitas as historias que nos contaron sobre as mulleres chantadinas, así coma as fotografías que nos cederon para este proxecto.
Cómpre destacar a información sobre Celia Fernández Figueroa, de Merlán, primeira matriculada en Dereito na Universidade de Santiago e autora dunha novela inédita na que aborda temas feministas, e a visita de dous grupos do IES Lama das Quendas.
A exposición continúa pola comarca de Lemos, máis medrada xa coas aportacións chantadinas, con máis de 110 fotografías recollidas dende o inicio do proxecto.
Sem comentários:
Enviar um comentário