lavando as tripas no río









Outeiro, Bolmente (Sober). Inicios dos anos 80.

Segundo Bordieu, a matanza é un dos traballos onde máis se marcan os roles estereotipados do masculino e feminino - "os homes matan e festexan; as mulleres, no entanto, traballan nunha xeira interminábel" - cita Teresa Moure*. 
Hoxe as tarefas da matanza en Galiza están máis equitativamente repartidas, mais á muller aínda lle seguen a ser asignados, de xeito maioritario, os traballos domésticos, ademais de axudar coa matanza. Nos catro días que dura este traballo a muller, xeralmente, soe facer:
- preparación do xantar e cea todos os días.
- aparado do sangue, remexendo continuamente cun pao para que non se tome.
- elaboración das filloas.
- lavado das tripas no regato (traballo xa case desaparecido no sur lucense onde maioritariamente se mercan as tripas xa preparadas).
- cortado dos trozos de carne para frebas.
- prepararación da zorza.
- atado dos chourizos.
- limpeza.
- elaboración dos roxós.

* MOURE, TERESA; O natural é político. Xerais, 2008.

Sem comentários:

Enviar um comentário