inés de castro, raíña despois de morta


Sepulcro de Inés de Castro no mosteiro da Alcobaça.
Portugal (s. XIV).

Inés de Castro (c. 1320 - 1355), filla de Pedro Fernández de Castro, conde de Lemos, viaxa a Portugal en 1340 no séquito da súa curmá Constanza, esposa do infante Pedro de Portugal. Alí, Pedro e Inés manteñen durante anos unha relación, non consentida polo rei de Portugal, pola que Inés se exilia en Albuquerque en 1344. En 1346, tras a morte de Constanza, Inés regresa á corte portuguesa, onde continúa a súa relación, non consentida polo rei, con Pedro, con quen casa secretamente en 1353 ou 1354.
O 7 de xaneiro de 1355 é degolada en Coimbra.
En 1357, ao morrer o seu pai o rei Afonso IV e tras unha guerra civil, Pedro accede ao trono portugués e vinga a súa amada matando aos seus asasinos e proclamando o seu matrimonio con ela, o que obrigou ás Cortes a recoñecela como raíña despois de morta. Pedro construíu o sepulcro de Inés no mosteiro da Alcobaça enfrontado ao seu polos pés, e non en paralelo, como era costume, para que no día da resurrección, ao se ergueren, poidesen verse os amantes e reunirse para a vida eterna.
 * Artigo sobre Inés de Castro de Mónica Pazos Martínez aquí.

2 comentários:

  1. Se mal nom lembro estava emparentada com os Trava, mas qual e o fio que a cinge com o território das nossas comarcas?

    ResponderEliminar
  2. Filla natural de Pedro Fernández de Castro, conde de Lemos.
    Non se sabe se naceu en Monforte ou na Baixa Limia.
    Esta sección das mulleres do poder será a última que complete.

    ResponderEliminar