Mostrar mensagens com a etiqueta visita a EXPOSICIÓN. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta visita a EXPOSICIÓN. Mostrar todas as mensagens

a exposición visista CARBALLEDO


Na fin de semana do 2 e 3 de abril de 2011, a exposición MULLERES DE SIL E MINHO estará en Castro de Carballedo, no local do antigo Concello.

A exposición forma parte das actividades da Feira da Carne ao Caldeiro, organizada pola asociación O Bubaíño.

a exposición visita A POBRA DO BROLLÓN


Na Casa da Cultura "Olga Novo" do 19 ao 26 de marzo de 2011.

Visita guiada: domingo, 20 de marzo, ás 19:30 horas.

Visita guiada á exposición en Monforte este venres, 25-F


A exposición xa está montada na Casa da Cultura de Monforte - continuará alí ata o 28 de febreiro -, onde o venres, 25 de febreiro, terá lugar unha visita guiada ás 20:15 horas.


a exposición xa está colocada en Sober



A exposición Mulleres de Sil e Minho permanecerá en Sober ata o 13 de decembro (consultar horarios aquí) na Casa da Cultura, no pasillo entre a sala de ordenadores e a Biblioteca.
Lembramos que segue aberta a recollida de fotografías.

a exposición visita Sober


A exposición fotográfica MULLERES DE SIL E MIÑO estará no Centro Sociocultural de Sober (1º andar - pasillo entre a Sala de Ordenadores e a Biblioteca) entre o 2 e o 13 de decembro, no horario habitual do centro.

- De luns a venres: 10:00 a 13:00 // 16:00 a 20:00.
- Sábados: 10:00 - 14:00 horas.

Nesta ocasión, por falta de espazo, non se expoñerán os útiles de traballo relacionados co mundo das mulleres, pero sí os paneis coas máis de 120 fotografías recollidas ata o de agora, nun formato mellorado máis atractivo e visual.

Durante o tempo de exposición, estará dispoñíbel un escáner portátil para que aquelas persoas que desexen aportar fotografías á mostra o poidan facer alí mesmo.

Agradecemos a boa disposición do alcalde de Sober para acoller esta mostra.

A área de Muller do BNG de Lugo-Sul, responsábel desta exposición, lamenta non poder ter exposto esta mostra de fotos e útiles relacionados cos traballos das mulleres na Casa da Cultura de Monforte en setembro, por falta de tempo, de xeito que esta cita queda para febreiro do 2011, pretendendo ser unha gran exposición que recolla o froito do traballo de documentación realizado por toda a comarca. Antes desta cita, a exposición tamén visitará o concello da Pobra de Brollón.

As persoas interesadas en contactar connosco, tanto para colaborar no proxecto como para solicitar que se expoña nalgún lugar da comarca, poden facelo a través do enderezo:

silminho_mulleres@hotmail.com


balance da exposición en Chantada

Queremos agradecer a implicación das xentes de Chantada no que foi a primeira mostra da exposición MULLERES ENTRE SIL E MINHO no muíño da Alameda da localidade entre o 23 de abril e o 2 de maio de 2010.
Foron moitas as persoas que se achegaron a ver as fotografías e moitas as historias que nos contaron sobre as mulleres chantadinas, así coma as fotografías que nos cederon para este proxecto.
Cómpre destacar a información sobre Celia Fernández Figueroa, de Merlán, primeira matriculada en Dereito na Universidade de Santiago e autora dunha novela inédita na que aborda temas feministas, e a visita de dous grupos do IES Lama das Quendas.
A exposición continúa pola comarca de Lemos, máis medrada xa coas aportacións chantadinas, con máis de 110 fotografías recollidas dende o inicio do proxecto.