Mostrar mensagens com a etiqueta Sober. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta Sober. Mostrar todas as mensagens
a anunciación de María nas pinturas da igrexa de Proendos
Representación da Anunciación de María.
Presbiterio de Santa María de Proendos (Sober), pinturas murais ao fresco do s. XVI.
Lucía Fidalgo: bruxa de Anllo, Sober, condenada pola Inquisición
* Texto tomado de: http://www.culturagalega.org/album
Lucía e a súa nai eran naturais da freguesía de San Martiño Danllo, na diocese de Lugo. Non posuían bens, carecían de oficio e de calquera tipo de instrución e sobrevivían como podían, sobre todo exercendo a prostitución. Ao morrerlle a nai a rapaza, a máis de como prostituta, vivía pedindo polas casas. Sería precisamente unha persoa que lle deu esmola quen a denunciaría por feiticeira, porque unha porca que tiña parida deixou de darlle de mamar aos leitóns.
Perante o xuíz segrar, Lucía Fidalgo, asustada, contou toda a súa vida e como a súa nai a vendera de pequena ao demo. Ameazada coa fogueira, confesou que lle botara o mal de ollo aos leitóns e ofrecíase a desfacer o meigallo se a deixaban libre. Quedou en liberdade pero en 1646, durante a visita a Lugo do inquisidor Ozores de Sotomayor, foi denunciada de novo. Tiña 26 anos e o seu grao de pobreza era tal que o tribunal de Santiago decidiu non abrir información sobre a denunciada. O mesmo aconteceu ao ano seguinte, durante a visita do inquisidor Juan Rojo, sen que o tribunal de Santiago vise ningunha razón para procesar a esta pobre prostituta. Por fin, cando Lucía tiña trinta anos, prosperou unha denuncia contra ela e o seu nome rexistrouse o día 1 de maio de 1650 no libro de entradas dos cárceres secretos do Santo Oficio en Santiago. Sometida a tormento, foi tal a cantidade de desatinos que chegou a confesar que mesmo os propios xuíces inquisidores “suspendieron la monición, creyendo que estaba sin juicio… porque no decía cosa con cosa”.

Con todo, o día 14 de novembro de 1650 pronunciose a sentenza contra ela que se executaría o domingo 9 de decembro na misa maior da catedral de Santiago. Foi condenada a douscentos azoutes que recibiría nas rúas da cidade de Santiago e na freguesía de San Martiño Danllo, e ao desterro destes lugares e de Madrid durante seis anos.
lavando as tripas no río
Outeiro, Bolmente (Sober). Inicios dos anos 80.
Segundo Bordieu, a matanza é un dos traballos onde máis se marcan os roles estereotipados do masculino e feminino - "os homes matan e festexan; as mulleres, no entanto, traballan nunha xeira interminábel" - cita Teresa Moure*.
Hoxe as tarefas da matanza en Galiza están máis equitativamente repartidas, mais á muller aínda lle seguen a ser asignados, de xeito maioritario, os traballos domésticos, ademais de axudar coa matanza. Nos catro días que dura este traballo a muller, xeralmente, soe facer:
- preparación do xantar e cea todos os días.
- aparado do sangue, remexendo continuamente cun pao para que non se tome.
- elaboración das filloas.
- lavado das tripas no regato (traballo xa case desaparecido no sur lucense onde maioritariamente se mercan as tripas xa preparadas).
- cortado dos trozos de carne para frebas.
- prepararación da zorza.
- atado dos chourizos.
- limpeza.
- elaboración dos roxós.
* MOURE, TERESA; O natural é político. Xerais, 2008.
as mouras
Algunhas lendas de mouras no sur lucense:
* A Pena dos mouros de Remesar, Bóveda (aquí).
* A moura de Abuíme, O Saviñao (aquí).
* A moura da Adega da Portela, Vilar de Ortelle, Pantón (aquí).
* O buraco da Moura de Ferrón, Bolmente, Sober (aquí).
* Texto: colaboración de Alfonso Campos.
Descarga a imaxe co texto aquí.
A montaxe está feita a partir dunha foto de Grace Kelly (ver aquí).
mestra asasinada polos fascistas
María Vázquez Suárez.
* Máis info aquí.
Vilaescura (Sober)
Maruja, como lle chamaba a súa familia, natural de Vilaescura, foi mestra en diversas vilas e pobos galegos dende 1914 ata 1936, ano en que foi asasinada polos fascistas pola súa participación activa na política republicana no PSOE. Estaba, tamén, afiliada a UGT e participou na Liga Internacional de Mulleres Ibéricas e Hispano-Americanas, sendo fundadora do subcomité coruñés desa entidade.
Fora animada á "vida pública" polo seu pai, Joaquín Vázquez Fernández, militar retirado ascendido a capitán polos seus servizos na guerra de Cuba, que vira na súa filla unha grande oradora e defensora da liberdade [Fontes: testemuños orais, documentos atopados na casa familiar, proxecto nomesevoces.net]
Dende o asasinato de Maruja, o pai, xa con máis de sesenta anos, caeu nunha depresión que o mantivo afastado da sociedade ata a súa morte, salvo polas esporádicas visitas a outros represaliados da comarca, acudindo todas as tardes a un pequeno agocho que acondicionou en Vilaescura, cerca de Penabión, e que é coñecido como a casiña do capitán.

Por detrás da foto que se reproduce arriba Joaquín Vázquez escribiu as seguintes liñas, quizais pensando en que algún día se recoñecería a inxustiza da morte da súa filla e a de tantos mestres e mestras comprometidas na causa republicana:
"Maruja Vázquez Suárez - maestra de Miño - fusilada por los fascistas de Puentedeume el 21 de Agosto de 1936. ¡Cobardes!"
* Máis info aquí.
constanza vázquez de somoza, abadesa de lobios e chouzán
A historia de Constanza de Lobios e Chouzán é representativa do poder das abadesas medievais coma señoras territoriais.
Pode lerse aquí (buscar: "Constanza Vázquez"): http://62.204.194.45/fez/eserv/tesisuned:GeoHis-Tcmoure/MOURE_PENA_Teresa_Claudina_Tesis.pdf
nena de domingo
Nena vestida de domingo.
Proendos (Sober). c. 1930-1940
Proendos (Sober). c. 1930-1940
As nenas dos fogares labregos da Galicia tradicional colaboran dende moi noviñas nas tarefas do fogar, pelando patacas, levando a merenda aos homes ou coidando dos seus irmáns máis novos.
Cando hai moito que facer na casa, nas épocas de máis traballo agrícola, faltan á escola, algo que seguiu a producirse na nosa comarca ata os anos 60 e 70 do século XX.
Subscrever:
Mensagens (Atom)

.jpg)

.jpg)
.jpg)

.jpg)
.jpg)