Mostrar mensagens com a etiqueta Chantada. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta Chantada. Mostrar todas as mensagens

Juanita de Paderne, guerrilleira carlista

Carmen Xoana García Carbajal, coñecida como Juanita de Paderne, foi unha guerrilleira carlista, amante do famoso guerrilleiro Fernando O Ebanista.
Era filla do avogado chantadino Ignacio García Moure - chegou a ser alcalde de Chantada - e de Juana de Carbajal, señores de Paderne de Abaixo, na parroquia de Muradelle, Chantada.
Dá noticia dela Francisco Tettamancy Gastón no Boletín nº 10 da Real Academia Galega, pp. 222 - 226 (ano 1907), que se pode consultar en liña aquí.

* O dato atopámolo no prólogo da Poesía Completa de Xosé Lois García, escrito por Camilo Gómez Torres (ano 2011).

as monxas de Pesqueiras


Igrexa de Santa María de Pesqueiras (s. XIII), antigo mosteiro de monxas bieitas.
Chantada.

Un documento de 1290 testemuña que Elvira Ares ou Eanes, priora de Pesqueiras naquel tempo, mercou por catro marabedíes o “directo, xantar e patronato” que sobre este cenobio tiña don Rodrigo Arras.
En 1515, o cenobio é anexionado a San Paio de Antealtares, coa oposición da súa priora, dona Inés Guitián, que foi privada do seu cargo.

* Máis información e imaxes da igrexa de Pesqueiras.

- http://www.concellodechantada.org/concello_historia13.htm
- http://www.manuelgago.org/blog/index.php/2010/10/11/santa-maria-de-pesqueiras-outro-tesouro-da-ribeira-sacra/

ultramarinos



Chantada, data descoñecida.

Mulleres nun grupo de danza tradicional



Grupo de música e baile tradicional.
Chantada, data descoñecida.

nenas na escola



Nenos e nenas á saída da escola.
Chantada, primeiro terzo do s. XX.

un día no río



Chantada, data descoñecida.

vestidas co traxe "típico" galego



Mulleres vestidas co traxe de baile galego.
Chantada, data descoñecida.

muller nun canzorro románico de Requeixo



Canzorro románico que representa unha muller coa vulva moi marcada.
Igrexa parroquial de Santiago de Requeixo, Chantada.

cabalgata festiva en Chantada



Chantada, data descoñecida.

"miss" Chantada




Chantada, data descoñecida.

foto de estudio de inicios do s. XX



Nenas nunha foto de estudio.
Chantada, inicios do s. XX.

festas da Inmaculada en Chantada



Festas da Inmaculada Concepción.
Chantada, primeiro terzo do s. XX.

balance da exposición en Chantada

Queremos agradecer a implicación das xentes de Chantada no que foi a primeira mostra da exposición MULLERES ENTRE SIL E MINHO no muíño da Alameda da localidade entre o 23 de abril e o 2 de maio de 2010.
Foron moitas as persoas que se achegaron a ver as fotografías e moitas as historias que nos contaron sobre as mulleres chantadinas, así coma as fotografías que nos cederon para este proxecto.
Cómpre destacar a información sobre Celia Fernández Figueroa, de Merlán, primeira matriculada en Dereito na Universidade de Santiago e autora dunha novela inédita na que aborda temas feministas, e a visita de dous grupos do IES Lama das Quendas.
A exposición continúa pola comarca de Lemos, máis medrada xa coas aportacións chantadinas, con máis de 110 fotografías recollidas dende o inicio do proxecto.


Julia Varela Fernández, socióloga de Vilaúxe

Julia Varela, Catedrática de Socioloxía na Universidade Complutense de Madrid, naceu no lugar de A Ulfe, en Vilaúxe, Chantada, en 1942.
* Accede aquí ás publicacións de Julia Varela.
A súa obra A Ulfe. Socioloxía dunha comunidade rural galega, gañadora do premio Vicente Risco de Ciencias Sociais no 2004, pretende ser unha homenaxe ás "xentes que fixeron posíbel a rica civilización rural galega".