MITOS E RITOS

Virxe María.
Pinturas murais do s. XVI na igrexa de Proendos (Sober).

Os relatos míticos e os ritos que os reviven, así coma os ritos sociais ao longo da vida, recórdanlle á muller os modelos que debe seguir e o rol que tén na sociedade.
A evolución dos mitos traduce a evolución do papel feminino, coma a caída das deusas nais na etapa da urbanización, sustituídas por deuses masculinos, do ceo, que crean coa palabra, suplantando así a función xeradora de vida da muller-nai [sobre esta suposta deusa-nai universal e a existencia dun suposto periodo matriarcal na historia, ver o excelente resumo de Mar Llinares en Historia das mulleres en Galicia. Prehistoria e Historia antiga].
Na Galiza, o noso marco relixioso é un Cristianismo callado de cultos pagáns, unhas lendas de mouras e tesouros xurdidas na sociedade campesiña do Antigo Réxime e, no que respecta á muller, a fonda pegada da crenza nas meigas.
Tamén temos "mitos" actuais, de corte patriarcal, coma o mito da muller dez, esa traballadora asalariada ambiciosa, perfecta ama de casa, sempre fermosa, sen quilos de máis e ben depilada, e que tén, seica, un botón automático do pracer.
 * Acceder ás fotos aquí.