Mostrar mensagens com a etiqueta na marxinalidade do poder. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta na marxinalidade do poder. Mostrar todas as mensagens

dona Senior e Santo Estevo de Ribas de Miño


As orixes de Santo Estevo de Ribas de Miño (cuia fábrica actual é de c. 1200 - 1230) están ligadas a unha muller, Dona Senior, sobriña do bispo de Tui, que no 976 doou esta igrexa ao mosteiro de Diomondi.

as monxas de Ferreira, Fronilde de Lemos e a "virxe do bocio"


Mosteiro cisterciense feminino de Santa María de Ferreira.
Ferreira de Pantón.

Fundado no s. X, foi mosteiro dúplice ata o século XII, cando en 1175, tras un periodo de decadencia, a condesa Fronilde de Lemos restaura aquí a vida monástica, sendo dende entón mosteiro feminino, primeiro bieito e logo cisterciense, que en 1600 se integra na Congregación de Castela.
É o único mosteiro feminino do Císter con vida monástica en Galicia.
Conserva unha talla en madeira da Virxe e o Neno do s. XIII, que Manuel María chamaba a "virxe do bocio", por presentar un abultamento no pescozo. 


* Máis información e fotos do Mosteiro de Ferreira.

as monxas de Pesqueiras


Igrexa de Santa María de Pesqueiras (s. XIII), antigo mosteiro de monxas bieitas.
Chantada.

Un documento de 1290 testemuña que Elvira Ares ou Eanes, priora de Pesqueiras naquel tempo, mercou por catro marabedíes o “directo, xantar e patronato” que sobre este cenobio tiña don Rodrigo Arras.
En 1515, o cenobio é anexionado a San Paio de Antealtares, coa oposición da súa priora, dona Inés Guitián, que foi privada do seu cargo.

* Máis información e imaxes da igrexa de Pesqueiras.

- http://www.concellodechantada.org/concello_historia13.htm
- http://www.manuelgago.org/blog/index.php/2010/10/11/santa-maria-de-pesqueiras-outro-tesouro-da-ribeira-sacra/

inés de castro, raíña despois de morta


Sepulcro de Inés de Castro no mosteiro da Alcobaça.
Portugal (s. XIV).

Inés de Castro (c. 1320 - 1355), filla de Pedro Fernández de Castro, conde de Lemos, viaxa a Portugal en 1340 no séquito da súa curmá Constanza, esposa do infante Pedro de Portugal. Alí, Pedro e Inés manteñen durante anos unha relación, non consentida polo rei de Portugal, pola que Inés se exilia en Albuquerque en 1344. En 1346, tras a morte de Constanza, Inés regresa á corte portuguesa, onde continúa a súa relación, non consentida polo rei, con Pedro, con quen casa secretamente en 1353 ou 1354.
O 7 de xaneiro de 1355 é degolada en Coimbra.
En 1357, ao morrer o seu pai o rei Afonso IV e tras unha guerra civil, Pedro accede ao trono portugués e vinga a súa amada matando aos seus asasinos e proclamando o seu matrimonio con ela, o que obrigou ás Cortes a recoñecela como raíña despois de morta. Pedro construíu o sepulcro de Inés no mosteiro da Alcobaça enfrontado ao seu polos pés, e non en paralelo, como era costume, para que no día da resurrección, ao se ergueren, poidesen verse os amantes e reunirse para a vida eterna.
 * Artigo sobre Inés de Castro de Mónica Pazos Martínez aquí.

Ana de Borja



Condesa de Lemos. Virreina de Perú de 1668 a 1675.
Coñece a súa historia aquí.

Constanza de Castro: a filla rebelde de Pardo de Cela

Foto: Turgalicia. Torre de Caldaloba na parroquia de Pino, Cospeito.

Biografía de Constanza de Castro, neta de Pedro Álvarez Osorio e Beatriz de Castro, condes de Lemos, e filla de Isabel de Castro, realizada por Marica Campo para o Álbum de Mulleres do Consello da Cultura Galega. Acceder aquí.

Artigo de Manuel Gago sobre a resistencia de Constanza de Castro no castelo de Caldaloba ao asedio das tropas castelás de López de Haro (aquí).

foto de estudio de inicios do s. XX



Nenas nunha foto de estudio.
Chantada, inicios do s. XX.

Cataliana de la Cerda y Sandoval

Catalina de la Cerda y Sandoval, a única filla do duque de Lerma, valido de Felipe III entre 1599 e 1618, naceu en 1580 en Cigales, Valladolid.
No 1598, ano de inicio do reinado de Felipe III, casou co séptimo conde de Lemos, Pedro Fernández de Castro, primo irmán seu.
Entre 1610 e 1616, os condes de Lemos residiron en Nápoles, onde Pedro Fernández de Castro ocupou o cargo de vicerrei. Alí promoveron importantes obras públicas e valéronse da súa posición para facer acopio de múltiples reliquias e obras de arte sacro, ata tal punto que o Papa chegou a chamar a Catalina "ladroa de relicarios".
En 1622, xa en Monforte, Catalina funda o convento de Santa Clara, comunidade na que ela mesma ingresa como novicia en 1633, profesando como monxa ao ano seguinte.
O convento das Clarisas, situado na rúa Falagueira de Monforte ata o seu traslado en 1646 á actual ubicación, é depositario do legado artístico da séptima condesa de Lemos, que fan do actual Museo de Arte Sacro ubicado no convento un dos máis importantes de Europa, no que destacan obras coma un Cristo Xacente de Gregorio Fernández, valiosísimas pezas de pratería e ourivería e reliquias curiosas coma unha cabeza de San Xoan Bautista.
Catalina morrou alí no 1648.
En 1895, a monxa de Santa Clara, sor María de la Concepción de San Francisco, escribiu Memoria sobre la vida de la fundadora del convento de Franciscanas Descalzasde la ciudad de Monforte y monja del mismo.

sobre Ildara do Courel


Foto do castelo do Carbedo tomada de aquí.
* Accede aquí a información sobre Ildara.

constanza vázquez de somoza, abadesa de lobios e chouzán


A historia de Constanza de Lobios e Chouzán é representativa do poder das abadesas medievais coma señoras territoriais.

xoana de castro

Xoana de Castro casou en 1354 con Pedro o Cruel de Castela, mais só foi a súa esposa por unha noite. Aínda así, en varios documentos Xoana auto-titúlase raíña de Castela (artigo pendente de ampliar información).

foto de estudio

Señora Avelina do Pucho, Proendos (Sober).
Foto de estudio de inicios do s. XX.

rosa maría de castro y centurión

Rosa María de Castro y Centurión nace en 1691; en 1741 herda oficialmente o título de condesa de Lemos e emerxe como a cabeza visible desta casa nobiliaria... (ler máis).