Juana Díaz Ferrer vive en Monforte a finais do século XIX e inicios do XX, sendo unha das primeiras mulleres en integrarse nunha loxia masónica, a Valle Hermoso 77, fundada en 1891, e logo na Unión 98, operativa entre 1892 e 1896.
"Juana Díaz Ferrer era filla dun masón célebre, Antonio Díaz Prado, que axudou a difundir a masonería por toda a comarca de Lemos. Fíxose masona á idade de 21 e anos; máis tarde ocuparía cargos de responsabilidade na Gran Logia Provincial de Lugo. E todo isto dous anos antes de que en 1893 se constituíse en Francia, teoricamente, a primeira loxia masónica mixta da historia co nome de Droit Humain (Dereito Humano)."
A masonería está ligada na cidade do Cabe á chegada do ferrocarril e a entrada de Juana Díaz Ferrer nunha loxia sitúase no debate no seo da masonería sobre a regulación da participación da muller nas loxias masónicas.
Fonte:
* González Seoane, Marisa e Parga Massa, Beatriz; "A monfortina Juana Díaz Ferrer e as súas irmás; as fillas da viúva". En Andaina (artigo dispoñible aquí).
Sem comentários:
Enviar um comentário