Cataliana de la Cerda y Sandoval

Catalina de la Cerda y Sandoval, a única filla do duque de Lerma, valido de Felipe III entre 1599 e 1618, naceu en 1580 en Cigales, Valladolid.
No 1598, ano de inicio do reinado de Felipe III, casou co séptimo conde de Lemos, Pedro Fernández de Castro, primo irmán seu.
Entre 1610 e 1616, os condes de Lemos residiron en Nápoles, onde Pedro Fernández de Castro ocupou o cargo de vicerrei. Alí promoveron importantes obras públicas e valéronse da súa posición para facer acopio de múltiples reliquias e obras de arte sacro, ata tal punto que o Papa chegou a chamar a Catalina "ladroa de relicarios".
En 1622, xa en Monforte, Catalina funda o convento de Santa Clara, comunidade na que ela mesma ingresa como novicia en 1633, profesando como monxa ao ano seguinte.
O convento das Clarisas, situado na rúa Falagueira de Monforte ata o seu traslado en 1646 á actual ubicación, é depositario do legado artístico da séptima condesa de Lemos, que fan do actual Museo de Arte Sacro ubicado no convento un dos máis importantes de Europa, no que destacan obras coma un Cristo Xacente de Gregorio Fernández, valiosísimas pezas de pratería e ourivería e reliquias curiosas coma unha cabeza de San Xoan Bautista.
Catalina morrou alí no 1648.
En 1895, a monxa de Santa Clara, sor María de la Concepción de San Francisco, escribiu Memoria sobre la vida de la fundadora del convento de Franciscanas Descalzasde la ciudad de Monforte y monja del mismo.

Sem comentários:

Enviar um comentário