proxecto MULLERES DE SIL E MIÑO


Esto comezou sendo a exposición fotográfica MULLERES ENTRE SIL E MIÑO, coa pretensión de ser unha mostra dos traballos e da vida das mulleres das comarcas de Lemos, Chantada e Quiroga.

cartel da exposición orixinario
Este proxecto naceu como conmemoración da data do Día Internacional da Muller Traballadora de 2010 e co obxectivo de implicar á sociedade na recuperación da Memoria das mulleres anónimas, e as menos anónimas, que construíron o que somos hoxe.
silminho_mulleres@hotmail.com

O proxecto pretende ser algo vivo, que se vaia construíndo pouco a pouco cas aportacións documentais, fotos e útiles de traballos tradicionalmente femininos (planchas antigas, olas de auga...), da xente destas comarcas.
A exposición percorreu varias localidades da zona sur de Lugo. 
Entre tod@s podemos facer un proxecto fermoso que nos axude a coñecérmonos máis como pobo e achegarnos aos feminismos!!!

4 comentários:

  1. Talvez fora melhor engadir-lhe pestanas ao blogue "inicio" e logo os diversos temas focados, porque se nom um visitante novo sempre se topará com a portada e nom sabe que se actualiza constamente a menos que seja seguidor. Isso si, eu nom sei como se lhe engadem pestanas (se ti sabes já me indicarás como para os meus xD). Umha aperta irmandinha

    ResponderEliminar
  2. A ver: ao máximo que cheguei foi ao que fixe. Para que aparezan pestanas arriba hai que crear páxinas. Creeinas, pero non sei como enlazalas ás etiquetas máis que cun enlace normal. Supoño que haberá unha maneira de publicar entradas en cada páxina. Non sei, así queda algo máis claro, pero aínda non de todo.

    ResponderEliminar