marchando máis alá - Carmen Blanco


Mulleres libres polo mundo mulleres libres partimos
Morganas nadas no mar das illas dos mares libres vimos nós
Alicias Galicias libres con luces nos ollos libres imos
Cos corazóns collidos nas mans collidas das mans nós camiñamos
Pasos libres acompasados co paso das parias trazamos
Pasamos nós polas cidades libres cidadás libres con vós
Mulleres libres polo mundo mulleres libres marchamos
Morganas nadas no mar das illas dos mares libres somos nós
Vivas ventres vivos contra a violencia libres bailamos
Libres corpos libres polas carballeiras cantamos libres con vós
Labios libres con liberdade a auga nas fontes bebemos
Cruzamos nós territorios libres criaturas libres sen dor
Mulleres libres polo mundo mulleres libres andamos
Morganas nadas no mar das illas mareas libres levamos nós
Sabias sentidas contra os poderes libres pensamos
Libres mentes libres razóns e alegría con elas nós actuamos
Pan e rosas para compartir partimos os soños cumprimos
Amamos nós polos espazos libres humanas libres fragor
Mulleres libres polo mundo mulleres libres chegamos
Morganas nadas no mar das illas aos mares libres imos nós
Xustas valentes contra a escravitude libres loitamos
Libres seres libres con independencia vivimos libres con vós
Luz e lume propagadoras de paz o progreso traemos
Avanzamos nós polos lugares libres persoas libres clamor


* O himno galego da Marcha Mundial das Mulleres do ano 2000 foi escrito por Carmen Blanco, escritora lucense con raiceiras en Bóveda. Centrouse especialmente nas interrelacións de poder, muller, sexo, cultura e literatura, temática na que abriu camiño en Galicia cos libros Literatura galega da mullerEscritoras galegasLibros de mulleresO contradiscurso das mulleresNais, damas, prostitutas e feirantasMulleres e independenciaEl contradiscurso de las mujeres (versión actualizada da obra homónima traducida por Olga Novo), Luz Pozo Garza: a ave do norte e Alba de mulleres. Promoveu o feminismo independente en Galicia dende os anos setenta. (Ler máis sobre Carmen Blanco aquí).

1 comentário:

  1. Estará tamém nas Jornadas sobre Carvalho Calero que tem prontas a assembleia de filologia da USC para o mês de Maio, ainda que lá focará a figura de Carvalho e nom o feminismo em que umha das figuras mais salientáveis da Galiza.

    ResponderEliminar