as monxas de Ferreira, Fronilde de Lemos e a "virxe do bocio"


Mosteiro cisterciense feminino de Santa María de Ferreira.
Ferreira de Pantón.

Fundado no s. X, foi mosteiro dúplice ata o século XII, cando en 1175, tras un periodo de decadencia, a condesa Fronilde de Lemos restaura aquí a vida monástica, sendo dende entón mosteiro feminino, primeiro bieito e logo cisterciense, que en 1600 se integra na Congregación de Castela.
É o único mosteiro feminino do Císter con vida monástica en Galicia.
Conserva unha talla en madeira da Virxe e o Neno do s. XIII, que Manuel María chamaba a "virxe do bocio", por presentar un abultamento no pescozo. 


* Máis información e fotos do Mosteiro de Ferreira.

2 comentários:

  1. Nom sabia que era o único do císter feminino em toda a Galiza. Excelente o blogue.

    ResponderEliminar
  2. Ando completando a información que faltaba. Merece a pena visitar a igrexa do mosteiro, onde está enterrado Diego de Lemos.

    ResponderEliminar